CULTURGAL

Desde a súa primeira edición, Culturgal Feira das Industrias Culturais é unha cita especial para nenas e nenos. A rapazada é público protagonista na Feira, asistindo a estreas e gozando das novidades. O programa de Culturgal 10º aniversario reserva grandes sorpresas: moita música, teatro, danza, libros e ciencia. E Portugal como cultura convidada!

A entrada a Culturgal para menores de 12 anos ten un prezo de 1 euro, a cambio recibirás unha pulseira que che permite o acceso por un día. Se queres acceder á Feira máis dun día, a pulseira “total” ten un prezo de 2 euros. Menores de 3 anos teñen entrada libre. Nenas, nenos, familias: benvidos a Culturgal 10º aniversario no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Ten en conta que o programa pode sufrir variacións por imprevistos. Consulta sempre a última hora en www.cultur.gal. Lembra que os espazos da Feira teñen capacidade limitada.

+info: CULTURGAL

Logotipo cabecera