II XORNADAS «AUTOORGANIZACIÓN COMO RESPOSTA A VIOLENCIA DE XENERO».

Dende a Rede de Mulleres queremos convidarvos a participar nas II Xornadas «Autoorganización como resposta a violencia de xénero».

Terán lugar o xoves 19 de setembro no Edificio Municipal de Areal, rúa Oporto, 1 (Antigo Reitorado de Vigo)

Se queredes anotarvos podedes pasar pola oficina da Asociación (r/Oliva, 12-2º) ou enviar ó correo electrónico redemediadorasvigo@gmail.com os datos que vos solicitamos na ficha de inscrición.

Nesta xornada reflexionaremos e debatiremos entre os colectivos. Coñeceremos as diferentes metodoloxías empregadas, o traballo dende a perpectiva de xénero e as liñas de intervención fundamentais de cara o futuro.

Os obradoiros participativos abordarán como potenciar a coordinación entre organizacións, autocoñecemento e poder e elaboración de material feminista a través da música.

Animádevos a participar nestas interesantes xornadas (Aforo limitado por orde de inscrición).

Agardámosvos!!!

20º Aniversario

Camiñando cara á Igualdade

Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo

r/ Oliva, 12-2º

Tels. 986 22 23 28 (fixo e fax) 606 92 91 37 (coordinadora)  670 453 431 (oficina)

rededemulleres.blogspot.com

 

Logotipo cabecera