1º TORNEO NACIONAL DE DEBATE

O Instituto da Mocidade, Injuve, convoca o primeiro Torneo Nacional de Debate con motivo do 40 aniversario da Constitución Española, en colaboración coas Cortes Xerais. Celebrarase do 2 ao 4 de abril, en Madrid, nas Cortes Xerais e está aberto aos estudantes maiores de idade matriculados en calquera universidade española.

A competición levará a cabo en dúas fases. A primeira, na que se realizará un debate a modo British Parliament, con dúas persoas por equipo, e os temas para debater coñeceranse pouco antes de que comece a actividade. Soamente 16 equipos superarán esta rolda para pasar á final.

Na fase final realizarase un torneo de debate clásico, por medio de roldas eliminatorias e nese momento os equipos poderán estar compostos de ata catro membros, porque se poderán incorporar outros da mesma universidade que fosen eliminados.

O debate contará cun máximo de 64 equipos, non poderán inscribirse máis de catro equipos por centro.

A inscrición poderá facerse a través da web do torneo enchendo un formulario. Despois, cada usuario rexistrado recibirá un correo electrónico onde se informará da súa inscrición e a documentación que deberá enviar para que se faga efectiva (copia de matrícula universitaria e do DNI ou pasaporte de todos e cada un dos membros do equipo). Todo o proceso estará aberto ata o día 16 de marzo de 2018. As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Os participantes que proveñan de fóra de Madrid teñen a posibilidade de hospedarse no aloxamento oficial do torneo.

+info: BASES

Logotipo cabecera