Acceso e admisión ás ensinanzas profesionais artes plásticas e deseño

editing-1756958_960_720

A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas de arte e superiores de deseño públicas elixidas en primeiro lugar nas cales se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.

O prazo para a inscrición comprende ata o día 20 de xuño para os ciclos de grao superior e ata o 21 de xullo para os ciclos de grao medio. Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola.

  1. a) Probas de acceso ao grao medio:As probas de acceso ás ensinanzas de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes nos días e horas que se indican a seguir:

1.1. Proba de madureza: 5 de setembro.

– Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.

Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega, Lingua Castelá, Área CientíficoTecnolóxica e Área Sociocultural. O alumnado seleccionará tres destas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para responder as cuestións de cada materia será de sesenta minutos.

– Segunda parte: das 16.30 ás 19.30 horas.

Versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual.

1.2. Proba específica: 11 de setembro.

A proba específica realizarase de acordo co establecido no anexo IV desta resolución e terá lugar en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño, nas horas que se indican a seguir:

Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas.

Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas.

Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

  1. b) Ciclos de grao superior. 1. As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nos días e ás horas que se indican a seguir:

1.1. Proba de madureza: 29 de xuño.

A proba de madureza realizarase de acordo co establecido no anexo III desta resolución e ás horas que se indican a seguir:

– Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 horas.

Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Filosofía. As persoas aspirantes seleccionarán tres destas materias e desenvolverán por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixida.

– Segunda parte: das 17.00 ás 18.00 horas.

Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte. O tempo máximo para a realización desta proba será de tres horas.

1.2. Proba específica para todas as familias profesionais: 7 de xullo.

Matrícula e constitución de grupos de ciclos formativos

As persoas aspirantes que obteñan praza, asignada por resolución dos tribunais avaliadores, deberán formalizar a súa matrícula entre os seguintes días:

– Grao medio: do 18 ao 20 de setembro, ambos os dous inclusive.

– Grao superior: do 18 ao 26 de xullo, ambos os dous inclusive.

Máis información: DOG 09 maio 2017

Logotipo cabecera