Accións formativas. Consellería do Mar

ship-819183_960_720Contido: A Consellería do Mar organiza 120 accións formativas que permiten obter titulacións profesionais e certificacións de especialidade con destino ao sector pesqueiro e que son necesarias para o exercicio da actividade profesional náutico-pesqueira.

As accións formativas comezarán o 18 de novembro en Muros e prolongaranse ata finais de novembro de 2017.

Cursos: haberá cursos de mariñeiro pescador, de formación básica en seguridade, de patrón local de pesca, de formación sanitaria e de operador do sistema mundial de socorro e seguridade marítimos restrinxido (GMDSS). Tamén se contemplan cursos avanzados de loita contra incendios e de embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos.

Ata agora os cursos que están confirmados son os seguintes (o resto iranse concretando en función das demandas do sector das distintas confrarías do litoral):

  • Cursos en portos

Patrón local de pesca

-Do 21/11/2016 ao 20/12/2016  (Confraría Lira)

Operador restrinxido SMSSM

-Do 18/11/2016 ao 29/11/2016 (Confraría Muros)

-19/11/2016 ao 30/11/2016 (Confraría Aldán)

-01/12/2016 ao 14/12/2016 (Confraría Illa de Arousa)

-02/12/2016 ao 15/12/2016 (Confraría Vilanova de Arousa)

-09/01/2017 ao 19/01/2017 (Confraría Redondela)

Formación sanitaria inicial

-14/12/2016 ao 17/12/2016 (Confraría Vilanova de Arousa)

-30/11/2016 ao 03/12/2016 (Confraría Illa de Arousa)

Actualización formación sanitaria inicial

-14/12/2016 ao 17/12/2016  (Confraría Redondela)

  • Cursos na aula seguridade de salvamento da escola oficial náutico pesqueira Ferrol

Actualización formación básica en seguridade

-14/12/2016 ao 15/12/2016

-12/12/2016 ao 13/12/2016

Avanzado en loita contra incendios

-28/11/2016 ao 30/11/2016

-19/12/2016 ao 21/12/2016

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos

-12/12/2016 ao 14/12/2016

-15/12/2016 ao 17/12/2016

Requisitos: poderán beneficiarse as persoas que queren exercer ou exercen a súa actividade laboral no ámbito do mar e asociados das confrarías.

Inscricións: nas confrarías de pescadores ou no servizo de ensino e titulacións náutico-pesqueiras da Consellería do Mar

Máis información: premer aquí

 

 

 

Logotipo cabecera