Actividades de Naturnova

Convoca: Naturnova

Contido:  Naturnova é un Centro de Educación Ambiental situado en pleno centro de Vigo e que basea a súa labor divulgadora na interacción dos seus visitantes con diferentes ordenadores e módulos que os achegarán aos misterios do noso mundo.

Este verán abriremos ao longo dos meses de xuño e xullo  para que aqueles campamentos, ludotecas ou grupos que queiran organizar unha actividade diferente para achegar aos pequenos ao seu medio poidan gozar do noso museo e tamén para particulares que queiran visitarnos cos seus fillos/as.

 

En caso de dúvidas contáctennos no teléfono 986 120088 ou no enderezo electrónico naturnova@afundacion.org.

 

Do mesmo modo, lembrámoslles que, ata o comezo da tempada de verán abriremos ao público, como vén sendo habitual, tódolos sábados de 17:30 a 20:30 (agás festivos) por se queren facer unha visita e coñecer as nosas instalacións previamente. As entradas destes días teñen un prezo variable entre 1 e 3€.

 

Logotipo cabecera