Actividades no PNIAG

unnamed-2Convoca: Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Contido:  Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia organiza unha serie de actividades GRATUITAS dirixidas a diversos públicos (público xeral, familia, adultos e infantil), para Vivir o outono nas Illas Atlánticas. As actividades vanse desenvolver ao longo de toda a semana no Centro de Visitantes do Parque Nacional, en Vigo.
A proposta está enmarcada no aniversario dos Cen Anos de Parques Nacionais, esta semana adicada ao Parque Nacional de Timanfaya, e ten como obxectivo principal dar a coñecer os importantes valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e en xeral dos 15 Parques Nacionais existentes en España, como espazos naturais protexidos e cun valioso legado patrimonial.

Información e Inscrición en: Tódalas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades, deberán reservar a súa praza a través das seguinte opción

– Centro de Visitantes Cambón.

Para ampliar calqueira información, pode facerse persoalmente no Centro de Visitantes Cambón en Vigo, ou a través do teléfono 886 218 082.

 

 

 

Logotipo cabecera