Aviso legal e política de protección de datos

Aviso Legal

 

Xuventude Vigo, a través do seu portal Web facilita información de interese xeral para a mocidade de Vigo.

Xuventude Vigo desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e, no seu caso, reparalos ou actualizalos canto antes, non podendo garantir a súa inexistencia nin que o contido da información atópese permanentemente actualizado.

Xuventude Vigo  poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.

acceso ao Portal, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. Xuventude Vigo non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estrito exercicio das súas competencias.

No Portal incluíronse enlaces a páxinas de sitios web de terceiros (“links”), que se consideraron de interese para os usuarios. No entanto, o Xuventude Vigo  non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos de enlaces de terceiros aos que se fai referencia no Portal.

tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal suxeitarase ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como as súas normativas de desenvolvemento e demais normativas de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informáticamente ou se arquivarán co consentimento do cidadán, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para o fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.

 

Protección de Datos

 

No cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal informámoslle que, logo de cubrir o presente formulario, os seus datos quedarán incorporados no ficheiro “Actividades de Xuventude” sendo o responsable do mesmo o Servizo de Xuventude do Concello de Vigo, e que ten como finalidade: “Creación dunha base de datos co fin de resolver sobre as solicitudes de praza admitidas e denegadas e a posterior organización de cursos, campamentos, eventos e outras actividades de tempo libre, así como a xestión administrativa dos mesmos e envío de información”, limitándose a cesión destes datos para tal finalidade a entidades implicadas na realización destas actividades. Por outro lado, vostede consinte expresamente que a Concellería de Xuventude lle envíe información doutras actividades e eventos propios. Así mesmo se informa que se poderán recoller datos sanitarios co obxecto de previr situación de risco excepcionais derivadas de circunstancias persoais que condicionen dalgún modo o desenvolvemento da actividade.

A negativa a subministrar os datos solicitados leva consigo a non inclusión para realizar as actividades solicitadas. A persoa interesada poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición dirixíndose á Secretaría Xeral do Concello de Vigo sita na Praza do Rei, 1 C.P. 36202 VIGO coa Referencia: “Protección de Datos”, a través dun escrito asinado ao efecto e achegando fotocopia do seu DNI. ou chamando o telefono 010.

Logotipo cabecera