Axuda transporte escolar, curso 2016-2017 Concello Soutomaior

busA concesión de axuda para o transporte escolar dos/as alumnos/as empadroados no Municipio de Soutomaior. A axuda concederase exclusivamente para días lectivos e para 2 viaxes diarios (ida e volta). Excepto nos casos que os beneficiarios teñan clase pola tarde, que a axuda será para 4 viaxes diarios. Subvencionarase o 50% do custe das viaxes.

Poderán ser beneficiarios/as das axudas ao transporte previstas nestas bases, os/as alumnos/as empadroados, cunha antigüidade superior a seis meses, no municipio de Soutomaior, escolarizados/as en Bacharelato ou nas seccións de Formación Profesional de centros públicos en Pontevedra.

As axudas de transporte serán solicitados no Concello de Soutomaior. O prazo de presentación comenzará a partires da publicación destas Bases no Boletín Oficial de provincia, podendo solicitarse en calquera momento ao longo do curso escolar. Os modelos de SOLICITUDES para solicitar as axudas (Anexo I) serán presentados nos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

Máis información: Bop Pontevedra 7 outubro 2016

Logotipo cabecera