AXUDAS A MOCIDADE PARA O ALUGAMENTO

A Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente.

Requisitos específicos:
a) Ser titular dun contrato de alugamento de vivenda, en condición de persoa arrendataria, con mención expresa da súa referencia catastral.
b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.

Requisitos comúns:
a) A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.
b) Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, as persoas integrantes da unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento no momento da presentación do contrato, para o caso de que este non se achegase coa solicitude.
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM*. Este límite será de 4 veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
– Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
– Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
d) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM.
e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

A contía da axuda será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.
A renda mensual da vivenda obxecto do contrato de alugamento non poderá superar os seguintes importes, dependendo do concello en que estea situada:

vivenda

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co formulario VI432A.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de outubro de 2019

Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal

 

*IPREM mensual 2019: 537,84 euros/mes

Logotipo cabecera