AXUDAS A UNIVERSITARIOS POR CAUSAS SOBREVIDAS

O obxecto desta orde é convocar axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios oficiais no curso académico 2015/16, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED433A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
Máis información: DOG 29 xaneiro 2016
Logotipo cabecera