Axudas contratación. Vigo

contratoContido: Convocatoria do programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa no marco da actuación municipal para o ano 2017, co obxecto de servir de estímulo ao empresariado para a contratación dos mozos e mozas do municipio de Vigo, favorecer o emprego estable e facilitar ás persoas novas a súa primeira experiencia laboral que permita mellorar o seu grado de empregabilidade e aprendizaxe na contorna da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:
A) Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos
B) Programa de incentivos á contratación

Beneficiarios: poderán solicitar estas axudas entidades e empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, distintas da administración pública e entidades sen ánimo de lucro e comprenderá a transformación en indefinidos dos contratos xa formalizados xunto coas súas prórrogas, de ser o caso, en calquera das modalidades contractuais vixentes no período comprendido desde o 1 de xaneiro ata o 31 de xullo de 2017 realizados a persoas traballadoras menores de 30 anos, empadroadas no municipio de Vigo para prestar servizos no mesmo.

Prazo: a partir do día seguinte á data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra que será comunicado desde a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións, e ata o 8 de agosto de 2017.

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera