AXUDAS DE LIBROS E COMEDOR ESCOLAR

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases na súa sesión do 30 de maio. Desde a publicación da convocatoria no BOP, as solicitudes poderán presentarse durante vinte días hábiles. O Concello outorgou no curso que finaliza máis de 4.500 axudas, sen lista de agarda.

O alcalde en funcións informou da próxima aprobación das bases que regulan a concesión das axudas de libros, material e comedor escolar nos centros públicos e concertados de segunda etapa de Infantil, Primaria e Secundaria de Vigo, de cara ao curso 2019-2020.

O importe desta convocatoria ascende a 1.205.000 euros, que poden incrementarse en 120.000 euros máis co obxectivo de poder atender todas as solicitudes que cumpran cos requisitos. Ademais, o Concello adica á mesma finalidade 606.000 euros a través de FOANPAS, co que o importe total do que o Concello dispón para bolsas de libros e comedor escolar roza os dous millóns de euros. No presente curso escolar que remata, o goberno de Vigo outorgou axuda de libros e comedor a 4.512 alumnos.

Logotipo cabecera