AXUDAS PARA QUE A MOCIDADE FAGA PRÁCTICAS EN EMPRESAS

A Consellería de emprego convoca subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas.

Entidades beneficiarias:
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.

Destinatarios das prácticas non laborais:
Persoas novas desempregadas inscritas nas oficinas de emprego dependentes do Servizo Público de Emprego de Galicia que teñan entre 18 e a idade máxima establecida para as persoas beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil.

Estas persoas deberán ser, en todo caso, persoas inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

Ademais, para ser persoa beneficiaria desta medida, as persoas novas deberán cumprir os seguintes requisitos tanto no momento da sinatura do acordo das prácticas non laborais como no momento de comezo das prácticas:
a) Non ter traballado no día natural anterior.
b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior.
c) Non ter recibido accións formativas no día natural anterior.

prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de outubro de 2017.

A preselección das persoas novas deberá ser obrigatoriamente realizada polo Servizo Público de Emprego de Galicia, a través do persoal de orientación de Garantía Xuvenil ou outro persoal das oficinas de emprego.
O proceso de selección final das persoas que van participar no programa de prácticas non laborais corresponderá á empresa.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR363A

DOG do 29 de setembro de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria

+info: GARANTÍA XUVENIL

Logotipo cabecera