Axudas municipais libros, material escolar e comedor Concello de Vigo

clases

Estas Bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso 2017-2018. As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral. As solicitudes das axudas municipais para libros, material escolar e comedor, acompañadas da documentación esixida, presentaranse no modelo oficial que figura como Anexo I. Estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa solicitante (maior de idade ou emancipada) e o resto dos membros maiores de idade que formen a unidade de convivencia. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contando desde o seguinte á publicación oficial do extracto da convocatoria.

Data límite: 15/06/2017

Máis información: BOP Pontevedra 11 maio 2017

Logotipo cabecera