AXUDAS PROMOCIÓN AUTONOMÍA PERSOAL EN PERSOAS DISCAPACITADAS

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública para a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e de carácter non periódico.

Unicamente poderán ser obxecto de financiamento para esta convocatoria as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018.

Actuacións subvencionables.

Ao abeiro da orde, será obxecto de concesión de subvencións a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal que teñan por finalidade desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible.

+INFO

Logotipo cabecera