BACHARELATO EN EE.UU. E CANADÁ

O programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a mozas de institutos e colexios españois durante un ano académico.

O Programa convoca un total de 500 bolsas para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos:
80 bolsas asignaranse a estudantes de centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
420 a estudantes de centros do resto de España.

Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e apoio continuado durante os dez meses de estancia; en ningún caso a bolsa supón a achega económica do valor destes servizos ao beneficiario.

O Programa persegue principalmente os seguintes obxectivos:
Mellorar os coñecementos de lingua inglesa e a formación integral do estudante.
Potenciar a capacidade de adaptación e a aprendizaxe nunha nova contorna.

+info: BECAS AMANCIO ORTEGA

Logotipo cabecera