BACHARELATO EN LIÑA EN RADIO ECCA

A titulación de Bacharelato vai dirixida a persoas maiores de dezaoito anos e coa ESO rematada. Pódense elixir as modalidades de Humanidades, Ciencias Sociais ou Ciencias da Saúde.

O Bacharelato de Radio ECCA faise en liña descargando material impreso e sonoro desde a plataforma de formación á que  accede o alumnado desde o seu domicilio. Tamén desde a casa se conectará  á rede de titores en liña para realizar consultas e solucionar posibles dúbidas.

Os exames realízanse na delegación de Radio ECCA en Vigo na rúa Velázquez Moreno 9, 1º segundo calendario anual recollido na guía de matrícula.

Para máis información www.radioecca.org ou no teléfono 986 22 73 15

Logotipo cabecera