BOLSA CIBER@ULA PARA ESTUDANTES DA UDC

A Fundación María José Jove e  a Fundación Profesor Novoa Santos (CHUAC), asinan un convenio para a creación dunha bolsa na CIBER@ULA do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera (A Coruña), coa finalidade de dotar á citada aula dun coordinador/monitor.
Requisitos:
Estudantes matriculados na Universidade da Coruña nas seguintes titulacións: Psicopedagoxía, Mestre (educación infantil, educación primaria), Educación Social.
Non estar a traballar na actualidade baixo ningún modelo de contratación laboral relacionada coa titulación requirida.
Duración:
A bolsa dará comezo o 16 de decembro de 2015 e finalizará o 15 de decembro de 2016.
O labor realizado polo bolseiro no Hospital Materno Teresa Herrera da Coruña, terá lugar en horario de tardes, de 15.00 a 20.00h
Logotipo cabecera