Bolsa turismo. Marín

Contido: Convocatoria de procedemento de selección dun/dunha bolseiro/a para a realización de prácticas laborais nas oficinas de información turística do Concello de Marín, coa finalidade de promover e completar a súa formación realizando labores de información turística en ditas oficinas.

A duración das prácticas será de 3 meses.

Requisitos: 

•  Estar en posesión dunha titulación de grao ou de diplomatura en Turismo, de técnica ou técnico superior en Información e Comercialización Turísticas ou de técnica ou técnico superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas, ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
•  Non ter rematados os seus estudos antes do ano 2007.
•  Non ter ningunha incapacidade física nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
•  Estar inscrita nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego ou en mellora de emprego.
•  Nor ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non estar contratado polo grupo 1, 2 ou 3 de cotización por un período de tempo superior a 12 meses.
•  Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV (para titulacións universitarias) e Celga III (para ciclos superiores de formación profesional).
•  Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino.
•  Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Ley 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención (LXS).

Prazo: 5 días hábiles seguintes á publicación no BOP 19/06/2017

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera