Bolsas Culturex de xestión e programación cultural

O Ministerio de Cultura convoca 11 bolsas «Culturex» para mocidade española, de formación práctica en xestión e programación cultural en institucións culturais de excelencia no exterior e en representacións diplomáticas.

Destinos:
a) Ars Electronica (Linz. Austria). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2025.
b) BOZAR (Bruxelas. Bélxica). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de agosto de 2025.
c) Frankfurter Buchmesse (Frankfurt. Alemaña). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de agosto de 2025.
d) Centre Pompidou (París. Francia). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de agosto de 2025.
e) Hay Festival of Literature & The Arts (Londres. Reino Unido). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de agosto de 2025.
f) Real Academia de España en Roma, Italia. 2 prazas. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de agosto de 2025.
g) Representación Permanente de España ante a UNESCO (París. Francia). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de xullo de 2025.
h) Representación Permanente de España ante a Unión Europea (Bruxelas. Bélxica). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de xullo de 2025.
i) Centro Nacional das Artes (Ciudad de México. México). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de agosto de 2025.
j) Cooper Hewitt, Smithsonian Design Museum (Nova York, NY, EEUU). 1 praza. Do 1 de outubro de 2024 ao 31 de agosto de 2025.

Requisitos:
Ter a nacionalidade española.
Estar en posesión da titulación de Grao.
Estar en posesión dunha titulación de máster ou doutorado en áreas de xestión cultural. O título debe ser de 2018 ou posterior.
Idiomas: Acreditar nivvel B2 no idioma do país de destino
Nos países de fala española este requisito non será esixible.
Non ter superado os 35 anos de idade.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 19 de abril de 2024.
Máis información no BOE do 28 de marzo de 2024 e en
https://www.culturaydeporte.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html