Bolsas para estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

baker-1194428__180

A Axencia Turismo de Galicia convoca bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

Tipos de bolsas:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

Conforme os requisitos académicos e económicos, as bolsas divídense en 2 grupos:
A. Bolsas de matrícula.
a) Seis bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) Doce bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) Tres bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.
A. Bolsas de excelencia.
Dúas bolsas tipo I para o 1º curso diploma superior en Xestión Hoteleira.

Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas
1. Para ter dereito ás bolsas de matrícula serán necesarios os seguintes requisitos:
a) Para as bolsas de 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos.
b) Para as bolsas de diploma de gastronomía e xestión en cociña, acreditar ter superado o bacharelato, un ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores.
c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta convocatoria.
2. Para ter dereito ás bolsas de excelencia desta resolución será necesario acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU200A
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de agosto de 2017.
Máis información no DOG do 3 de xullo de 2017 e en
http://www.cshg.es/index.php/es/formacion/informacion-interes/becas-y-financiacion

Logotipo cabecera