Bolsas fundación once-crue

barrier-418450_960_720Contido: A Universidade de Vigo convoca 8 prazas para a realización de prácticas académicas externas dirixidas a estudantes universitarios con discapacidade co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e oportunidades futuras de emprego.

As prácticas terán unha duración de 3 meses, que poderá ampliarse a 6 se a empresa de acollida se compromete a abonar a mesma ou superior axuda mensual.

O horario de 25 horas semanais e será pactado entre a empresa e a persoa beneficiaria da bolsa.

O importe da bolsa ascende a 1694,28 euros brutos para 3 meses.

Requisitos:

  • Ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%
  • Estudantes da Universidade de Vigo de titulacións oficiais de grao e máster
  • Ter superados o 50% dos créditos totais do plan de estudos. Priorizaranse estudantes de último curso de grao ou máster
  • Non manter relación contractual de tipo laboral, de prestación de servizos ou asimilable con empresa, institución ou entidade algunha no momento de desenvolvemento das prácticas

Prazo: do 30/11/2016 ata o 31/12/2016

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera