Bolsas mobilidade. Programa Argo

argoContido: Argo é un programa de mobilidade promovido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, cuxo obxectivo é impulsar a formación complementaria dos titulados de todas as universidades españolas a través da realización de prácticas en empresas no estranxeiro.

Ao longo da convocatoria vanse conceder un total de 630 axudas para realizar 330 prácticas en empresas europeas, 180 en EE.UU. e Canadá, 120 en empresas españolas ou multinacionais con sede en Asia ou Oceanía.

Requisitos: 

-Ser titulado/a universitario/a, menor de 35 anos, con residencia legal en España e obter nos 3 últimos anos unha titulación oficial nunha universidade española.
-Estar en disposición no momento da presentación da solicitude, dunha das seguintes titulaciones oficiais: licenciado, wnxeñeiro, arquitecto, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado, graduado ou máster universitario e demostrar coñecementos do idioma de traballo solicitado pola empresa.
-Cumprir cos requisitos de entrada e estancia, esixidos nos países de destino previamente ao seu incorporación.
-Ter coñecemento demostrable nunha lingua estranxeira.

Prazo: Ata o 01/09/2017

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera