Bolsas para a mocidade do exterior para estudar FP de grao superior

A Consellería de Educación convoca 100 bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os os/as cidadáns/as galegos/as residentes no exterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser menor de 30 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Ter residido no estranxeiro os dous anos anteriores á data de presentación da solicitude.
e) Cumprir polo menos unha das seguintes condicións:
e.1) Ser emigrante nacido/a en Galicia ou ter residido en Galicia de xeito continuado durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar.
e.2) Ter nacido no estranxeiro e ser descendente dunha persoa que cumpra algunha das condicións da alínea e.1).
f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego.

Con carácter previo á concesión da bolsa, será necesario estar matriculado/a no curso 2019/20 no 1º curso dun ciclo de grao superior de formación profesional en réxime ordinario sostido con fondos públicos, no 1º ano dun proxecto de formación profesional dual ou nun mínimo de 800 horas no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial.

As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento ED333A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de xullo de 2019.
Máis información no DOG do 26 de abril de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/fp
retornafp@edu.xunta.gal

Logotipo cabecera