Bolsas Robert Schuman

CapturaAs prácticas para titulados universitarios teñen por obxecto permitirlles completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.

Os períodos de prácticas son os seguintes:

– modalidade xeral, aberta a todos os candidatos que cumpran os criterios;

– modalidade de xornalismo: os candidatos deben posuír unha experiencia profesional acreditada ben mediante publicacións, ben mediante a pertenenza a unha asociación de xornalistas dun Estado membro da Unión Europea, ou ben mediante unha titulación no xornalismo recoñecida nos Estados membros da Unión ou nos países candidatos á adhesión;

– modalidade «Premio Sájarov»: este programa ten por obxectivo profundizar no  coñecemento da acción do Parlamento Europeo en favor dos dereitos humáns e das normas internacionais na materia.

A duración destos períodos de prácticas é de cinco meses e non será prorrogable en ningún caso.

Convoca: Parlamento Europeo

Requisitos

Os candidatos deben posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea ou dun país candidato á adhesión á Unión Europea, sen perxuizo do disposto no artígo 5, apartado 2, das Normas internas; ter cumprido 18 anos na data do comenzo das prácticas;posuír un coñecemento perfecto dunha das linguas oficiais da Unión Europea; non ter disfrutado dun período de prácticas ou dun contrato remunerado de máis de catro semanas consecutivas a cargo do presupuesto da Unión Europea.

Máis Información

Para presentar a candidatura a un periodo de prácticas é necesario cumplimentar o formulario de candidatura en línea: web del Parlamento Europeo.

Periodo de inscrición ate ol 15/10/2017

Logotipo cabecera