BOLSAS PARA UNIVERSITARIOS CON DISCAPACIDADES

A Fundación Universia lanza a XI edición das Bolsas Fundación Universia para universitarios con discapacidade.
Este ano aumenta un 25% o investimento neste programa de bolsas, que para o curso 2017-2018 ascende a 250.000 euros.

Banco Santander, Indra, KPMG, Repsol, Fundación Repsol, Pfizer, American Express, Northgate, Direct Seguros, BT, Endesa, Hilti, Daimler e American Express Global Business Travel España colaboran como entidades participantes deste programa consolidado da Fundación.

O Programa de Bolsas Fundación Universia pretende fomentar a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades a través dunha educación inclusiva.

Mediante a concesión de axudas económicas esta iniciativa persegue que os estudantes universitarios con discapacidade poidan acceder e progresar no seu proceso de formación académica universitaria ata a finalización de estudos, incrementando deste xeito as oportunidades de consecución dun emprego de calidade.

Contémplase a existencia de tres tipos de bolsas:
a) De Acceso: dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez en estudos universitarios de grao.
b) De Progreso: dirixidas a estudantes que xa accedesen á universidade.
c) De Mobilidade: dirixidas a estudantes que, en virtude dun programa de intercambio da propia universidade, desexen realizar un período de formación, como mínimo dun trimestre, nunha universidade distinta á súa de orixe con destino internacional.

As solicitudes para as bolsas (Acceso, Progreso e Mobilidade) deberán ser presentadas, a Fundación Universia, ata o 27 de outubro de 2017 ás 18:00.

+info: FUNDACIÓN UNIVERSIA

Logotipo cabecera