Bono persoas autónomas

Contido: Convocatoria de concesión de axudas do programa do bono das persoas autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderase conceder para a mellora da competividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde unha subvención, mediante pagamento anticipado, de ata 3.000 euros.

Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos:

  • Profesionalización
  • Desenvolvemento estratéxico

Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competividade.

Requisitos: persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

Prazo: 1 mes a partir do día seguinte ao da publicación no DOG 31/07/2017

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera