CADA NENO UN XOGUETE 2018

A campaña CADA NENO UN XOGUETE, organizada pola Asociación Stop, que se realiza en Vigo todo o nadal, destinada a familias con problemas económicos arrincou o pasado 1 de novembro coa mesma forza que lle caracteriza e con mais voluntarios e colaboradores que nunca. Nesta 9º edición de 2018 volvemos contar coa colaboración dos amigos de ELITE TAXI que serán os encargados de recoller os xoguetes que doen nos puntos de recollida repartidos por todo Vigo:

Puntos de recollida iniciais:

  • Almacen central: A NAVE DOS XOGUETES. – Rua Veiguiñas – Alcabre.
  • Míster X O Museo do Tempo en Praia de Patos ( Nigran)
  • Mercadillo A Casa da Avoa Rua Zapateira, 8 ( Canido- Vigo)
  • Bar Florida. Avd. Florida, 115 (Vigo)
  • Centro Beysa. C/ Otero Pedrayo, 4. Travesas (Vigo)
  • Chikipandi. C/ Camiño dous Balandros, 2 (Chapela).
  • Gallaecia Shop. Avenida Fragoso, 66 (Vigo).
  • Floristeria Xazmin. Avd. Sanjurjo Badia 45. (Vigo)
  • SCDR Helios de Bembrive. ( Bembrive-Vigo)
  • Limpezas Galaecia. C/ Eugenio Kraff nº6 Baixo (Vigo)
  • Peluqueria Sara Molares. C/ Martin Echegaray, 6 (Vigo)
  • Peluqueria Luada. C/ Alonso Ojeda nº 13. (Vigo)
  • Ondas de Canido. Cámping de Canido – (Vigo)
  • Eltor Motor. C/ Gerardo Campo, 1. (Vigo)
  • Kukadas en Gondomar.

Durante este últimos oito anos repartimos mais de 30.000 xoguetes en Vigo e a súa área de influencia e enviado a varios puntos de Galicia a diversas asociacións.

Os dous últimos anos ademais viaxaron mais de 1000 dos xoguetes doados polos cidadáns vigueses a Siria da man da Asociacion de Apoio ao Pobo Sirio e a xornalista Katu Martinez Iturbe cos que colaboramos activamente.

Iago Aspas, Silvia Fominaya, Sergio Pazos, Miguel Costas, Moncho Borrajo, Xullo Castejon, Patricia Moon, Mani Moure, Fernando Franco, Pepo Suevos, Silvia Superstar, Jil Love, The refrescos,….son algúns dos 70 personaxes coñecidos que apoian a campaña que se realiza desde o ano 2010.

Esperamos que todo Vigo envórquese como en anteriores edicións.

Informacion e contacto: Carlos Leiro. Tfno 622 220 859.

A CAMPAÑA ESTÁ ORGANIZADA POLA  ASOCIACIÓN STOP

Logotipo cabecera