“Camiño a Camiño”: Novos percorridos Abril

Coa entrada do mes de Abril, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto dentro do programa de educación medioambiental Camiño a Camiño o ciclo “Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra”.

Trátanse de cinco rutas que pretenden dar a coñecer formacións en pedra de notoria singularidade en espazos paisaxísticos destacados de Galicia: Monte Aloia (8 abril, medio día), Pena Corneira en Leiro (15 abril, medio día), Monte Pindo en Carnota (22 abril, día completo), Pregamento xeolóxico de Campodola en Quiroga (29 abril, día completo) e Monte Galiñeiro (6 maio, medio día). Pena Coneira como o Pregamento de Campodola están incluídas no catálogo de Monumentos naturais da Xunta de Galicia.

 

Máis información na blogue de Camiño a Camiño:

https://caminoacaminovigo.blogspot.com.es/2018/03/percorridos-monumentos-naturais-en-pedra-2018-1.html

 

Logotipo cabecera