CAMIÑO A CAMIÑO POLOS SENDEIROS LOCAIS EN NOVEMBRO

Entramos en novembro e semella que o outono xa nos quere acompañar, tal e como comprobamos este domingo pasado no fermoso percorrido polo Ribeiro. Durante este mes imos gozar dos sendeiros locais, comprobando como os montes de Vigo se visten de outono e vendo o contraste entre a evolución dos montes queimados e dos montes sen queimar.

O primeiro que visitaremos será o Sendeiro Local de Valladares, recentemente refeito despois de ser completamente asolado. Dividirase o percorrido entre Ruta longa (11,7 km e extendendo o trazado do sendeiro local ata Chandebrito) e Ruta longa (8 km e só o sendeiro local). O percorrido é circular con saída e chegada a Monte dos Pozos.

A inscrición, que nesta ocasión é gratuíta, realízase no 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores para empadroados. Nesta ocasión como o xoves é festivo, a inscrición de non empadroados será o mércores.

A hora de convocatoria na Praza do Rei será as 9:00, para saír as 9:30.

Aviso importante: dado o trazado do sendeiro recoméndase levar botas de sendeirismo e bastóns de apoio.

Logotipo cabecera