Campamento urbán Montañeiros Celtas

activity-988835_960_720Convoca: Montañeiros Celtas

Contido:O club Montañeiros Celtas organiza o I Campamento Urbán Multiaventura para nenos entre 8 e 14 anos.

Haberá tres turnos: do 26 ao 30 de xuño, do 17 ao 22 de xullo e do 7 ao 12 de agosto.
Será unha semana intensa chea de actividades en pleno contacto coa natureza: escalada en rocha, kayak, tirolina, slackline, rastrexos, visita ás Cíes…

Cun horario de 09.00 a 18.00 (e horario especial para madrugadores a partir das 08.00), da man de monitores con ampla experiencia e con tódolos seguros cubertos.
Non deixes escapar esta oportunidade!
Para máis información e inscripcións: info@celtas.net, no teléfono 986438505, na web www.celtas.net ou na oficina do club: Camelias 78, oficina K.
Inscricións ata o 26 de maio!

Logotipo cabecera