CAMPIONATO D3MOBILE METROLOGY WORLD LEAGUE

A Universidade de Santiago de Compostela convida a todos os estudantes e os seus profesores/centros educativos a participar na Metrology World League, un campionato científico internacional totalmente en liña e gratuíto para promover as vocacións científicas entre os mozos e iniciar aos estudantes no modelado 3D e os novos métodos emerxentes de medición de precisión utilizando o teléfono móbil.
O campionato D3Mobile Metrology World League 2016 está aberto á participación de equipos formados por entre 2 e 4 estudantes, de entre 15 e 17 anos de idade, liderados por un profesor, de calquera centro educativo de todo o mundo.
Os equipos interesados en participar neste campionato, a través do que é posible aprender a facer modelos 3D de precisión co móbil ademais de gañar fantásticos premios, deben formalizar a súa inscrición na na páxina web do campionato (http://d3mobile.es). A data límite de inscrición é o 14 de marzo de 2016.
 O prazo para apuntarse neste campionato internacional en liña e aberto á participación de escolares de entre 15 a 17 anos permanece aberto na web http://d3mobile.es
Máis información: USC
Logotipo cabecera