CAMPUS POLIDEPORTIVOS DE VERÁN

VIDE abriu o prazo de inscripcións para os campus polideportivos de verán nas Travesas e Samil, cun total de 300 prazas

Nova tempada de campus polideportivos co pulo da Fundación VIDE, da que o Concello de Vigo é membro fundador. Este luns 13 de maio, dende as 8:30 horas, ábrese o prazo de inscrición para o campamento das Travesas (24-28 de xuño) e tamén para o de Samil (8-12 de xullo). En total, trescentas prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos, repartidas coma os anos anteriores: duascentas para a actividade do complexo das Travesas e un cento para o de Samil.

Os campus están dirixidos a nenas e nenos de 6 a 14 anos. O campus polideportivo das Travesas mantén o seu custo habitual de 70 euros (o alumnado ten o xantar no pavillón), mentras que o de Samil custará 45 euros.

+ INFO

Logotipo cabecera