CASA DAS MULLERES DE VIGO

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo  abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil 20).

OBRADOIRO “TEATRO PARA A VIDA”

  • Destinado a mulleres maiores de 18 anos.

  • Formadora: María Rodríguez Salgueiro .

  • Obxectivos:

    • Favorecer a comunicación cunha mesma e coas demais.

    • Mellorar a autoestima mediante xogos e exercicios teatrais que proporcionarán ferramentas para unha mellor aceptación de nós mesmas.

  • Contidos:

    • O corpo.

    • A respiración.

    • Técnicas e dinámicas de desinhibición.

    • Exercicios para fortalecer a nosa autoestima.

    • Técnicas de improvisación.

  • Temporalización:

    • Duración: 13 sesións. 26 horas.

    • Datas: martes, do 24 setembro ao 17 decembro.

    • Horario: de 18:00 a 20:00h.

OBRADOIRO “ARTE, PAISAXE E XÉNERO”

  • Destinado a mulleres maiores de 18 anos.

  • Formadora: Iria Vázquez López.

  • Obxectivos:

    • Introducir teoría e práctica na relación arte e paisaxe ao longo da historia moderna e contemporánea.

    • Coñecer e introducirnos na historia da arte a través da obra de mulleres artistas. Aprender novas técnicas e procedementos artísticos.

    • Xerar un espazo propicio para a aprendizaxe, experimentación, comprensión e xogo dende a nosa subxectividade, mirada e propia experiencia, a partir de diferentes formulacións.

    • Fomentar a capacidade reflexiva, atenta, crítica coa contorna.

  • Contidos:

    • Historia e evolución: arte e paisaxe.

    • Prácticas da arte ao aire libre.

    • Muller, identidade e natureza.

    • Territorios experimentais.

  • Temporalización:

    • Duración: 10 sesións. 25 horas.

    • Datas: luns, do 30 setembro ao 2 decembro.

    • Horario: de 18:00 a 20:30h.

ESCOLA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE

  • Destinado a mulleres maiores de 18 anos.

  • Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

  • Obxectivos:

    • Compartir experiencias que faciliten a identificación grupal de xénero.

    • Crear un espazo seguro e de confianza para a libre expresión das mulleres participantes.

    • Debater sobre temas de actualidade desde unha perspectiva de xénero.

  • Metodoloxía: a través de encontros e debates con mulleres realízaranse dinámicas e exercicios de relaxación, respiración, musicoterapia, risoterapia, etc, e promoverase un clima que facilite a expresión dos propios puntos de vista e o debate. 

  • Temporalización:

    • Duración: 10 sesións. 25 horas.

    • Datas: luns, do 26 setembro ata o 28 novembro.

    • Horario: de 18:00 a 20:30h.

CURSO DE INTRODUCIÓN Á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES PARA PROFESIONAIS

  • Destinado a homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.

  • Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

  • Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos social e educativo.

  • Contidos:

    • Introdución á perspectiva de xénero. 

    • Consecuencias da socialización diferenciada. 

    • A transversalidade aplicada ao ámbito  social e da educación: a coeducación.

    • Elementos clave para a planificación coeducativa: a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais. 

    • Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista.

    • Como intervir ante un posible caso.

  • Temporalización:

    • Duración: 8 sesións. 20 horas.

    • Datas: luns, do 30 setembro ata o 15 outubro.

    • Horario: de 18:00 a 20:30h.

PROCESO DE INSCRICIÓN PARA TODAS AS ACTIVIDADES:


Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición adxunta (formato editable) e unha vez firmada deberá enviarse á Concellería de Igualdade ou a Casa das Mulleres, ben en persoa ou por email. Enviarase unha ficha por cada unha das actividades solicitadas.

Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

Lugar de inscrición:

na Casa das Mulleres (Romil 20, de luns a venres, 17:30-21:30h; ou casadasmulleres@vigo.org); ou

na Concellería de Igualdade (1º andar do Concello de Vigo, de luns a venres, 9:00-13:30; ou ofi.muller@vigo.org)

Criterios de admisión nas actividades con límite de prazas: terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Prazas limitadas.

Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono/whatsapp

Para máis info:

 casadasmulleres@vigo.org

 ofi.muller@vigo.org)

Logotipo cabecera