CASA DO QUEIXO


Casa do Queixo. É un programa de educación ambiental en plena natureza que pretende que os nenos poidan ter un contacto directo co medio rural na súa rama agrícola, ganadera e artesanal, facendo posible unha mellor comprensión das relacións entre o urbano, rural e natural. O  obxectivo fundamental é fomentar actitudes e comportamentos respetuosos coa contorna e unha postura responsable ante a utilización dos recursos naturais. Os  servizos son para centros escolares, grupos familiares, grupos de amigos, asociacións e individuais.

O Restaurante ofrece a posibilidade de celebrar diversos eventos: bautizos, comuñóns, aniversarios, ceas (de empresas, asociacións…) e todo tipo de comidas.

Desenvólvense programas educativos, levados a cabo dende a granxa-escola, durante a época escolar, así como actividades en fins de semana e festivos.

Existe a posibilidade de visitar o noso zoo de animais domésticos e o noso museo, de forma gratuita para todos aqueles que nos visiten.

Programa:  Casadoqueixo-Grixalba-pdf

+info:  Tfno: 650 95 52 65

info@casadoqueixo.com

casadoqueixo.com

Logotipo cabecera