CASTROPEZAS 2017

O mes de Novembro é o elixido por Teatro Ensalle para organizar este festival de danza contemporánea tan orixinal como esperado polo público da sala. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar en catro fins de semana, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso é polo que as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulen tantos anos de experiencia.

Compañías xa contrastadas (estean ou non con anterioridad en Ensalle) que reúnen nun mes obras cunha linguaxe sempre experimental pero sólido, froito do traballo, a disciplina e a experiencia. Debido a isto é habitual atopar un curso intensivo impartido por algún dos mestres programados. Ademais o mes da danza está acompañado sempre polas esculturas de madeira de Víctor Lorenzo, cuxa exposición forma parte do Catropezas.

Hai unha peculiaridade máis que garda este festival, e é que unha das súas xornadas é a coñecida como Fin de semana do Seiscordas ‘Noites de danza intensa’.

+info: CASTROPEZAS

Logotipo cabecera