CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa que o noso Centro de Documentación e Recursos Feministas ten ultimada a programación de actividades que terán lugar no Centro desde este mes de setembro ata o mes de decembro.

Animámovos a participar nas diversas e numerosas actividades:

faladoiros, presentacións de libros, cafés literarios,

laboratorio de lectura e escritura, espazo  permanente wikimulleres, etc.

A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade do local, agás naquelas actividades que teñen sinalado que é preciso realizar inscrición previa: espazo wikimulleres, formación de usuarias e laboratorio de lectura e escritura.

 

Cartel programa set-dec 2019

 


Concellería de Igualdade Concello de Vigo

Tlf. 986 810 284

Fax. 986 430 082

Logotipo cabecera