Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e danza moderna.

Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2019
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti, cociña e danza moderna, a participación será sempre a título individual.
Cada persoa participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de agosto de 2019.

Máis información no DOG do 22 de xullo de 2019 e en https://sede.xunta.es co procedemento BS310Q

 

 

Logotipo cabecera