CERTIFICADOS EN CULTURA DO VIÑO

Certificado en Cultura do Viño Nivel I – Viños de Galicia

Este curso constitúe o primeiro achegamento ao mundo do viño, iniciando o seu estudo polos 10 conceptos básicos que todo amante do viño debe coñecer para saber interpretalo e gozalo. Aplicación destes conceptos aos viños de Galicia, estudando as características dos viños da nosa contorna máis próxima.

+info: CULTURA DO VIÑO NIVEL I

Certificado en Cultura do Viño Nivel II – Viños de España e Portugal

Este curso é o seguinte paso a dar por aqueles afeccionados e profesionais que xa realicen previamente algún estudo ou formación relacionada co viño. Especialmente, os alumnos que xa obteñan a Certificación de Nivel Básico. Neste nivel entraremos en maior profundidade no estudo dos viños das zonas máis recoñecidas da península ibérica e desenvolveremos as nosas capacidades de cata.

+info: CULTURA DO VIÑO NIVEL II

Logotipo cabecera