Ciberespazo

Ciber-1Nos tres espazos da Concellería de Xuventude (Casa da Xuventude, Punto Xove e Vigosónico) están habilitados postos con ordenadores e conexión a internet. Preferentemente estes postos van dirixidos aos mozos e mozas usuarios dos servizos, podendo ser empregado por calquera cidadán ou cidadá no caso de haber dispoñibilidade nos horarios habilitados.

En Casa da Xuventude están habilitados postos para uso exclusivo de xóvenes que realizan trámites relacionados con información xuvenil. Neste caso tamén está habilitado o servizo de impresión.

Asemade, en todos os espazos pódese acceder a internet gratuitamente a través da wifi dipoñible.

Logotipo cabecera