Ciclo de cine: A Esmorga

Convoca: Biblioteca Xosé Neira Vilas

Contido:

Mostra das diferentes fórmulas de audiovisual que se realizan en Galicia: o filme, a webserie, o documental, a ficción ou a realidade; todo en torno á literatura e ás verbas.

Sinopse
Filme dirixido por Ignacio Vilar que supón a transposición filmíca da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Protagonizada por Miguel de Lira como Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán “Morris” como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde transcorre a noite de troula dos tres personaxes principais.

Martes, 14 de febreiro ás 19.00 h

Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

Aforo limitado

Logotipo cabecera