CIOV- Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2018-maio/xuño 2019.

A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo), continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral en verso e á narración oral.

Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio/xuño, curso 2018-2019, en horario de tarde.

O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17.

Os cursos son gratuítos.

Na páxina web snl.vigo.org na sección CIOV teñen os programas de Narración Oral e de Improvisación oral en verso do curso 2017-2018, para que teñan unha guía sobre o programa do curso 2018-2019.

 

 NOTA INFORMATIVA:

Aínda non está aberto o prazo de inscrición.
Anunciarase a apertura do prazo de inscrición coa suficiente antelación, así como os datos que deberán achegar e o xeito de anotarse ao curso.

https://snl.vigo.org/storage/posts/July2018/CMe0O1tIHqCBTN8CLOPr.pdf

Logotipo cabecera