CIOV-Cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, curso outubro 2019-maio 2020

A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo), continúa cos cursos de achegamento á Improvisación oral en verso e á Narración oral.

Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2019-2020, en horario de tarde.

O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17.

Os cursos son gratuítos.

Na páxina web snl.vigo.org na sección CIOV teñen os programas de Narración Oral e de Improvisación oral en verso.

Aberto o prazo de inscrición

Para se inscribir: a través da páxina web https://snl.vigo.org/inscricion (en «Titulo da actividade» cómpre poñer o/s curso/s no/s que se quere inscribir)

Logotipo cabecera