Concellería de Xuventude

Vigosonico (2)A Concellería de Xuventude de Vigo ten como obxectivo a planificación, xestión, desenvolvemento e coordinación da programación municipal destinada á poboación entre 13 e 30 anos, extendendo en certas actividades a súa actuación ata 35 anos.

As infraestruturas municipais xestionadas pola Concellería de Xuventude son:

  • Casa da Xuventude (López Mora 31) , que acolle os servizos administrativos da Concellería, os Espazos de lecer infantil e xuvenil e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
  • Punto Xove(López de Neira 27)
  • Vigosónico(Estrada do Portal s/n, Polígono Tecnolóxico de Valadares)
  • Espazo de lecer de Coia (Pavillón deportivo. Avda Castelao s/n)

Os servizos que oferta a Concellería á poboación xuvenil resúmense en:

a) Información e asesoramento xuvenil, pondo a disposición da xuventude os recursos informativos que lles permitan desenvolverse como persoas en proceso cara a autonomía. Os eidos que se abordan son emprego, ocio e tempo libre, estudantes, cursos e obradoiros, asociacionismo, voluntariado, garantía xuvenil, emancipación, etc.

A laboura de información realizase presencialmente na Casa da Xuventude, que, a súa vez, é onde se levan a cabo as labouras de asesoramento e orientación xuvenil. Outra vía importante de información xuvenil é a través da presente web.

Durante o curso académico tamén desenvolve un programa de difusión da información nos centros de educación secundaria.

b) Dinamización xuvenil, posibilitando a socialización dos mozos e mozas e a realización de actividades que lles permitan gozar do seu tempo libre e desenvolver as súas capacidades dun xeito saudable, creativo, e responsable. As programacións desenvólvense nos locais da Concellería de Xuventude:

  • Actividades lúdicas no Espazo Xove da Casa da Xuventude, Punto Xove e Vigosónico.
  • Cursos e obradoiros xuvenís no Espazo Xove da Casa da Xuventude, Punto Xove e Vigosónico.
  • Locais de ensaio en Vigosónico

c) Programa anual de subvencións, encamiñado a colectivos xuvenís informais e asociacións xuvenís de Vigo para promover a realización de proxectos dirixidos á mocidade.

d) Web “xuventudevigo.org”, na que, aparte de recoller a información da Concellería de Xuventude, se publica toda a información xuvenil de interese, así como guías de recursos xuvenís, axenda, etc. Vencellada á web están os blogs especializados de emprego, ocio e tempo libre, estudantes, cursos e obradoiros e os específicos de campañas ou eventos. Tamén está operativo o news “VIX – Vigo Información Xuvenil” que se lle remite as persoas e entidades subscritas.

Os servizos que oferta a Concellería á poboación infantil resúmense en:

a) Espazos de lecer, posibilitando o desenvolvemento dos máis cativos e cativas a través do tempo libre educativo ao longo do curso académico e facilitando, asemade, a conciliación familiar

As programacións lévanse a cabo nos espazos de lecer infantil da Casa da Xuventude e de Coia, así como nos espazos conveniados con diversas entidades non lucrativas.

b) Verán Xove, que aglutina toda a oferta de campamentos e actividades de verán do Concello de Vigo.

Logotipo cabecera