O CONCELLO APROBA NORMAS DE ADXUDICACIÓN PRAZAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS

O alcalde informou este  da aprobación das normas para a adxudicación das prazas e a matrícula as escolas infantís municipais para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos para o curso 2018-2019. O Concello oferta 620 prazas nos oito centros: Costeira-Saiáns, Bouzas, Tomás Alonso, Santa Marta-Casco Vello, Atalaia-Teis, Santa Cristina-Lavadores, Mestres Goldar e Navia.

Para optar ás prazas, a idade mínima no neno ou nena debe ser de tres meses, con residencia en Vigo. O Concello oferta horarios de mañá, tarde e continuo e terán preferencia aqueles xa matriculados este cruso e para os novos ingresos se considerará a presenza de irmáns na escola, proximidade e renda económica das familias.

Cunha subvención media do 82% do custo por praza e máis de 1,5 millóns de investimento municipal, o goberno de Vigo inicia o proceso para adxudicar as 620 vacantes para o próximo curso, un “apoio moi importante para as familias”, subliñou Caballero. O prazo de renovación e solicitude de praza, aberto do 5 ao 27 de marzo.

Un dos requisitos exixidos para a admisión do alumnado nas escolas de Vigo é presentar o certificado de empadroamente do Concello de Vigo. Pica neste enlace para solicitalo na web do concello.

+info: ESCOLAS VIGO

Logotipo cabecera