BELÉN DA CASA DAS ARTES

O alcalde deu conta da inauguración do belén monumental que estará aberto ás visitas ata o 7 de xaneiro na Casa das Artes dentro da programación de Nadal municipal. Segundo explicou, ocupa unha superficie de 100 metros cadrados nos que se expoñen 300 pezas de entre 24-25 centímetros e que requiriu tres anos de traballo e a dedicación de 30 persoas con “niveis artísticos moi importantes”.

O Belén poderá visitarse de luns a venres entre as 18 e as 21 horas da noite, os sábados de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas, os domingos e festivos desde as 12 horas da mañá en horario ininterrompido ata as 21 horas da noite, en Noiteboa, Fin de ano e o día da Cabalgata de Reis permanecerá aberto entre as 12 da mañá e as 19 horas da tarde e os días de Nadal e Aninovo entre dende as 12 ás 14 horas e dende as 17 ata as 21 horas.

Amais, o rexedor informou dos reforzos dalgunha das liñas de transporte urbano con motivo das festas de Nadal. Así, dende este sábado día 2 e ata o 7 de xaneiro, amplíanse as frecuencias da liña C1 os sábados, domingos e festivos, facendo o servizo habitual os festivos 6 e 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro con servizo nocturno ininterrompido os venres, sábados e vésperas de festivo, os días 1, 2, 5, 7, 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29, 30 e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

Logotipo cabecera