CONCERTOS DO CONCURSO VIGO EN VIVO 2019. Concellería de Xuventude.

A Concellería de Xuventude está a desenrolar na cidade o“Concurso de música Vigo en Vivo 2019” co obxectivo de fomentar a creación musical e premiar o espíritu creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nun espazo emblemático da nosa cidade.
No desenrolo deste concurso contémplase unha fase de celebración de concertos na rúa a partir da que se realizarán votacións a posteriori que permitirán elixir aos gañadores.
O lugar elixido para realizar ditos concertos é a Praza da Constitución en Vigo a partir das 20,00hs. O calendario previsto de celebración de ditos concertos para os/as semifinalistas é o seguinte:
Dia 13 setembro:  Rusty bones/ Tai G / María Canosa Invitado y jurado- Maldito Murphy grupo
Dia 14 setembro: Tinta / Lyer & Dj Mirage/ Invitado y jurado-Frans Bansfield

Dia 20 setembro: Dioivo/ Purplefly/ Blue Sunflowers/ Invitados y jurado-Daniel Rodriguez Dj

Dia 21 setembro: Marlowe/ Ronseya/ Grupo NÓS/ Invitado y jurado Mario rivergood

Dia 27 setembro: Ensamble Verxel/ Keren Hapuc/ Ash Santos nvitado y jurado-Mon Band

Cada grupo deberá tocar, como mínimo, un tema propio e 3 cover, cunha duración máxima de entre 15/20 minutos de duración. O tema propio de cada grupo será gravado e subirase á web de vigosonico.org.
Unha vez subidos todos os temas abrirase unha rolda de votacións popular a través da web vigosonico.org. Os votos dos e das usuarios/as terán un valor do 50% e, o outro 50% corresponderá a un xurado formado por persoas relacionadas e recoñecidas profesionalmente dentro do mundo da música.
Desta rolda de votacións sairán os 6 finalistas que tocarán nunha gala final da que sairán os 3 gañadores que serán elixidos polo xurado ao remate da gala.
Os premios son:
1/ Gravación de 3 maquetas en Vigosónico e realización dun videoclip do tema que elixan.
2/ Gravación de 2 maquetas en Vigosónico
3/ Gravación de 1 maqueta en Vigosónico

 

 

Para mais info:

vigosonico.org

Logotipo cabecera