Concurso de fotografía “Galicia, auga e literatura”

augaTrátase de convocar un concurso de fotografía no que os escolares de Galicia (de educación primaria e secundaria) déannos a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso. As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en cor e non poderán ser seleccionadas ou premiadas en calquera outro certame ou concurso.

Convocatoria aberta a todos os nenos e novos, ata 16 anos, residentes en Galicia.

O prazo de presentación dos traballos finalizará o 5 de maio do 2017. Os traballos deberán ser remitidos con anterioridade á seguinte dirección: II Concurso de Fotografía “Galicia, Auga e Literatura” La Voz de Galicia Departamento de Márketing Polígono industrial de Sabón Avenida de la prensa 84-85. 15143 Arteixo (A Coruña).

Máis información: prensaescuela.es

Logotipo cabecera