CONECTADAS 2018

Ao longo desta semana preto de 1.000 mulleres e homes de 32 concellos da provincia comezan os cursos do programa Conectadas 2018“, unha das iniciativas da Deputación de Pontevedra encamiñadas á promoción e desenvolvemento da igualdade. Os concellos que acollerán estas accións son: Catoira, A Estrada, Gondomar, Marín, Ponte Caldelas, O Porriño, Salceda de Caselas, Silleda, Tui, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Campo Lameiro, A Illa, Marín, Meis, Mos, Ponteareas, Sanxenxo, Vigo, Vila de Cruces, Baiona, Caldas de Reis, Lalín, Moaña, Pontevedra, Redondela, Cangas, O Grove, A Guarda, Mondariz e A Lama.

En canto a comarca de Vigona cidade de Vigo haberá cinco accións formativas. En Lavadores, 15 persoas da Asociacións Veciñal de Consumidores e Usuarios  traballarán nun taller de Pintura, todos os mares, de 16:00 a 18:30 horas. A Federación de Asociacións de Minusválidos Cogami organiza un obradoiro de Risoterapia, todos os mércores de 16:00 a 19:00 horas, para o que están anotadas 15 persoas. 16 persoas da Asociación de Mulleres Dorna tratarán sobre Alfabetización Dixital II os xoves de 16:00 a 18:00 horas. A Asociación Veciñal de Cabral organiza un taller de Xardinería, todos os venres, de 17:00 a 20:00 horas, para o que están inscritas 17 persoas. E por último, a Asociación Fibromialxia de Pontevedra ten previsto unha actividade de Sendeirismo todos os venres, de 16:00 a 19:00 horas. En Gondomar realizarase un obradoiro de Teatro ao que asistirán 15 persoas do Centro Cultural e Deportivo La Merced de Chaín, os luns e venres, de 20:00 a 22:00 horas. No Porriño haberá unha acción formativa sobre Iniciación á Costura todos os luns, de 17:00 a 20:00 horas, na Asociación de Amas de Casa Rosais, na que van tomar parte 16 persoas. En Salceda de Caselaslevarase a cabo un obradoiro de Intelixencia Emocional, no que participarán 25  persoas da Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze, todos os luns de 19:45 a 22:45 horas. A Asociación Cultural San Martín de Tameiga, en Mos, traballará sobre Pilates, todos os martes e xoves, de 18:00 a 19:30 horas, nunha actividade para a que están inscritas 18 persoas. En Redondela haberá dúas accións formativas: a Asociación de Mulleres de Chapela Agarimo organiza un taller de Conservación de Alimentos, Conservas Artesanais, todos os mércores de 17:00 a 20:00 horas; a Asociación de Mulleres Rurais Sementeira traballará sobre a Iniciación ao Scrapbooking, todos os mércores de 17:00 a 19:3o horas. Tamén en Baiona se van desenvolver dous obradoiros: de Risoterapia, na Asociación de Viúvas Mercedes de la Escalera, e de Sendeirismo, na Asociación Local de Amas de Casa e Consumidoras. Os dous talleres serán os mércores pola tarde e asistirán preto de 40 persoas.

+Info: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Logotipo cabecera